A REQUINTA
Esta denominación corresponde a un tipo moi particular de frautas traveseiras que aparecen só no val que forma a parte media do río Ulla, nos concellos de Silleda, Boqueixón, Padrón, Teo, Touro, Vedra, Vila de Cruces e A Estrada. Información Xeral A requinta é unha frauta traveseira que segue o modelo clásico francés, de cinco pezas e unha chave. Fabrícase normalmente en madeira de buxo malia que moi esporadicamente tamén se fan noutras madeiras como o ébano ou mesmo a hedra. Os fabricantes son sempre locais, o máis importante foi, durante os séculos XIX e XX, o taller de García de Riobó (A Estrada). Modernamente, destaca o obradoiro de Oli Xiráldez (Balcaide-Teo, A Coruña), o do propio autor en Santiago de Compostela, e tamén Carlos Rodríguez Feijóo “CROF” (Berres, A Estrada) que ten fabricado algunha destas frautas. Partes ou Seccións As cinco seccións que compoñen unha requinta reciben na Ulla o nome de pechos : o primeiro pecho , pecho dos beizos ou embocadura, cont