O RABEL
Información Xeral
Só se puido documentar este instrumento nun concello que aínda no século XIX pertencía á Galicia administrativa, e que agora forma parte da provincia de Zamora: Porto, nas Portelas ou Alta Seabra, onde nace o río Bibei. Aquí vive aínda un construtor e tocador de rabeis, Amador Bruña, e ata hai pouco viviron varios tocadores, entre eles Isidro Álvarez. O rabel de Porto é un instrumento de pastores, tocado preferentemente por homes pero tamén por mulleres. Foi descrito por primeira vez por Alberto Jambrina e colaboradores na publicación Música Tradicional. Sanabria. É un instrumento para acompañar o canto, nas cociñas, de noite, ou para pasar o tempo coidando o gando. Nesta zona debeu de ter moita importancia como instrumento musical.
Fabricación
Fabrícase dunha soa peza, labrándoo coas ferramentas apropiadas (machada, aixola e trenchas) en madeira de chopo (Populus alba) previamente cocida durante varias horas para que non fenda. A caixa de resonancia, duns 30 cm de lonxitude por 18-20 cm de largura e 6-8 cm de alto, ten forma de elipse e o seu fondo é plano, paralelo á superficie superior da caixa, e de menor dimensión que esta, por canto as paredes laterais da caixa son lixeiramente inclinadas. A caixa vai totalmente escavada no seu interior.
Dun dos extremos da caixa parte un brazo duns 25-30 cm de lonxitude, 5 cm de largura e 15 mm de groso, que remata nunha man plana, lixeiramente inclinada cara atrás, de forma máis ou menos redondeada ou triangular, semellante a un cadrado unido por un dos seus vértices ao brazo. Unha vez rematados e puídos, caixa e brazo quéimanse lixeiramente no lume para lles dar unha cor acastañada.
A man vai atravesada por tres caravillas posteriores que soportan outras tantas cordas. As caravillas fabrícanse cuns garabullos cilíndricos. A punta que asoma por riba da man féndese á metade para ensartar as cordas que levan un nó na punta para que non escapen. O extremo das caravillas que sobresae pola parte inferior da man é dobremente rebaixado para aplanalas e facilitar a súa torsión para tensar as cordas.
Cada corda fabrícase retorcendo lixeiramente uns 12-15 pelos de cola de cabalo. As tres parten das caravillas e van atadas, no outro extremo do rabel, a un cordal. Este faise dunha peza rectangular de coiro que se crava na parte oposta do rabel. A lonxitude vibrante das cordas limítase entre dúas pontes: a que está máis preto da man pode labrarse na mesma madeira do brazo, ou ben ser simplemente un pauciño situado debaixo das cordas; a que está preto da man e que conecta as cordas coa tampa harmónica é de madeira finiña, coa veta horizontal, duns 4 mm de grosor, 25 de alto e 40 de longo, de forma case rectangular e con dúas patas duns 10 mm de largo que apoian na pel. Esta ponte é completamente plana na súa parte superior, de forma que as tres cordas fican situadas ao mesmo nivel e son feridas á vez polo arco. Sitúase bastante atrás, preto do cordal.
O rudimentario arco fabrícase cunha póla de castiñeiro ou toxo, duns 12-14 mm de largura e 45 cm de lonxitude, que se fende á metade nos seus dous extremos. Nestas fendas introdúcense uns 20 pelos de cola de cabalo sen retorcer. O arco ténsase diminuíndo a lonxitude do feixe de pelos, para iso fanse nel uns nós que non traspasan as fendas dos extremos do arco. Térmase del sempre pola parte na que o ángulo coas cordas é máis agudo.
A tampa harmónica recibe a través da ponte as vibracións das cordas refregadas co arco, amplificándoas e facéndoas audibles. Fabrícase cunha pel de ovella ou cabra curtida que se crava arredor da caixa de resonancia empregando unha tiriña de coiro e pequenas puntas de cabeza redondeada e ás veces grande e ornamentada. Un pouco máis abaixo do centro desta pel, un pouco diante da ponte, practícanse, cun ferro quente, tres ou catro furadiños duns 5-6 mm de diámetro para formar os oídos do instrumento.
Colocación

O rabel así composto ten unha lonxitude total duns 55-60 cm. Para tocalo apóiase no peito e, sosténdoo coa man esquerda polo brazo e lixeiramente inclinado este cara á esquerda e abaixo, refréganse simultaneamente as tres cordas co arco. As dúas cordas da esquerda afínanse igual, producindo unha nota pedal que o tocador escolle en función da súa voz. A terceira corda, a da dereita, afínase de xeito que ao premer co índice da man esquerda sobre ela, aproximadamente na metade do brazo, emita a oitava das outras. O índice permanece sempre fixo nesa posición, nunca se levanta, de xeito que o tocador dispón só de catro graos para executar as melodías, que emite pousando sobre a corda os dedos corazón, anular e maimiño. O son deste rabel é abordoado e grave, semellante ao dunha zanfona.
Na parte proximal e posterior do brazo, alí onde se xungue coa caixa, vértese un pouco de pez derretida, que ao secar fica alí presa. Contra ela refréganse, antes de tocar, os pelos do arco para que faga vibrar ben as cordas. Esta pez obtense da resina cocida dos piñeiros ou doutras coníferas.
Historia
Segundo Ramón Andrés a palabra rabel provén do árabe rabâb (resoar). Parece ser que foron os musulmáns quen introduciron este instrumento na península ibérica arredor do século XI. O rabâb clásico, aínda en uso no norte de África, foi coñecido en España como rabé morisco e aparece representado nas miniaturas das Cantigas de Santa María (s. XIII). Era un instrumento de dúas cordas refregadas cun arco moi semellante ao de Porto, pero o instrumento é bastante diferente en canto á forma xeral, a tampa harmónica (metade madeira e metade pel) e o xeito de tocarse. O rabâb permaneceu en uso ata ben entrado o século XIV cando o Arcipreste de Hita aínda o menciona co nome de rabéno Libro del buen amor, denominación que se mantivo en uso durante o século XV. No XVI aparece por primeira vez a denominación de rabel no Romance Pastoril de Lucas Rodríguez (c. 1550) onde xa se asocia este instrumento cos pastores. Covarrubias (1611) di que “usan dél los pastores con que se entretienen, como David hacía con su instrumento”. No Diccionario de Autoridades (1732) descríbese o rabel nestes termos: “instrumento músico pastoril. Es pequeño, de hechura como la del laúd. Compónese de tres cuerdas solas, que se tocan con arco, y forman un sonido muy alto y agudo”

Evolución
A evolución morfolóxica do rabel na península parece que incluíu, aparte de varias modificacións importantes na postura e xeito construtivo, tamén unha diminución no seu tamaño, pasando dos 50 cm aproximadamente do rabé morisco das cantigas de Santa María, a este instrumento pequeno de son moi alto e agudo citado no Diccionario de Autoridades. Nesta época era un instrumento de rango inferior, construído moitas veces polos pastores que o tocaban e que o conservaron ata os nosos días en moitas zonas da península.
Non tivemos lembranza nin coñecemento do rabel en ningunha outra parte de Galicia que visitásemos.
Para rematar, diremos que o rabel ten no concello portelao a consideración de instrumento musical propiamente dito, sendo instrumento moi apreciado polos seus donos.
Tamén os bos tocadores e tocadoras eran apreciados polos veciños que teñen esta arte por cousa de moito mérito.
Dentro da clasificación técnica segundo Hornbostel e Sachs, o rabeñ pertence ao grupo 321.322 dos cordófonos compostos: laudes nos que o brazo non atravesa o resoador, que non é de forma cóncava.
Podedes descargar a versión pdf pinchando aquí.

Comentarios
Publicar un comentario